press release only in german

Alicia Framis (Barcelona, 1967) desenvolve desde hai anos unha serie de traballos nos que aborda cun enfoque moi persoal algúns dos síndromes da vida urbana contemporánea. Desde aquela a artista interésase por aqueles temas en ocasións reprimidos na vida pública, pero que forman parte da nosa existencia individual. As ideas e a conducta da sociedade fronte a cuestións como o amor, a soidade, a sexualidade, ou a enfermidade son confrontadas co contorno no que vivimos e cos múltiples medios que determinan anosa percepción deste.

Secret Strike é o título dunha serie deproxectos fílmicos nos que Alicia Framis examina o día a día de diferentesespazos de traballo. En todos eles os traballadores e os visitantes ocasionaisaparecen detidos, como se as súas accións fosen suspendidas e puidesen serretomadas no mesmo punto ao cabo duns instantes. A artista vai percorrendo coasúa cámara os diferentes espazos rexistrando nun travelling as posturas inmóbiles dos seus "actores reais".

Co gallo da súa exposición no CGAC, Alicia Framis rodou o seu último Secret Strike nas instalacións da empresa téxtil Inditex. Como entoda a súa obra, o interese da artista catalá non está en documentar unharealidade senón en expresar o espazo en termos relacionais, mediante a relacióndunha situación temporal na que se implica un colectivo humano. Por medio dedunha elaborada posta en escena onde cada traballador interpreta a súaactividade diaria, Alicia Framis aproxímase ao ámbito interpersoal e afectivoque caracteriza o tempo do traballo nas empresas actuais. A súa "folga secreta" é unha performance colectiva na queos diferentes traballadores sincronizan os seus corpos, suxerindo outra forma de tempo.

SecretStrike produciuse con anterioridade en lugares tan significativos como a sede central do Rabobank en Utrecht ou o Tate Modern de Londres. Pódese entender o interese de Alicia Framis por unha empresa global que traballa cun fenómeno cultural como a moda. Non é a primeira vez que a artista se achega a un contexto que lle proporciona un significativo material de reflexión sobre o presente. Porén, en Secret Strike Alicia Framis prefire examinar o tempo do traballo como un medio que non só produce obxectos ou servizos, senón que tamén xera subxectividade e formas culturais e de socialización.

only in german

Alicia Framis
SECRET STRIKE
Kurator: Pablo Fanego