artists & participants

curators

press release only in german

Estamos ante unha mostra coral, froito dunha estreita colaboración institucional, na que co fío condutor creado polo debuxo os comisarios Monse Cea, Kiko da Silva e Eduardo Valiña propóñennos un percorrido polas principais coleccións públicas de arte da cidade de Santiago de Compostela: a Colección CGAC, a do Concello de Santiago, a da Fundación Eugenio Granell e a da Universidade de Santiago. Este proxecto será desenvolvido no espazo exterior do Audtitorio de Galicia, na Igrexa da Universidade, na Fundación-Museo Granell, no CGAC, e nun espazo habilitado polo Concello de Compostela nun edificio anexo a San Domingos de Bonaval (“C” Zona). Trátase pois dun proxecto da cidade. A estrutura da mostra consta, por un lado, dunha grande exposición na que se desenvolverán analoxías, friccións e sinerxías entre diferentes acepcións do debuxo, nos espazos “Vaso comunicantes”, integrados por unha selección de obras existentes nas coleccións das insstitucións que conforman o proxecto; e, por outro lado, da produción de proxectos específicos de arte contemporánea que teñen o debuxo como eixe do seu traballo, no espazo “Fóra de papel”. Os artistas seleccionados para participar neste espazo son Juan Carlos Bracho, Rubén Santiago, Mauro Trastoy, Ignacio Uriarte e Irene van de Meheen. Sería impensable organizar unha mostra tan ampla e complexa de achegamento ao debuxo tanto na súa acepción como obra de arte autónoma coma nas proxectual e propositiva ou nas súas múltiples aplicacións pragmáticas, se o debuxo non intentase conseguir, a comenzos do século XX, unha categoría que o liberase da súa función representativa, do encadeamento coa narratividade da que tamén se liberou a pintura. Aínda que o debuxo na historia da arte recente intentou conseguir o seu espazo propio dentro dos criterios de valoración aurática, sempre seguiu estigmatizando na súa acepción de ferramenta de traballo, e nas súas, no fondo, nada valoradas espontaneidade, expresividade ou capacidade de construír un trasunto directo do pensamento artístico. Ademais, dende a existencia de medios de edición da imaxe, non concorda en absoluto coa máxima da peza única debido á súa groseira capacidade para ser reproducido. Na actualidade, coa afortunada tesitura da destrución deste marco teórico, xa é hora de dedicarlle unha exposición monográfica aos diferentes modos de entender o debuxo, tanto para poñer en valor a súa presenza nas coleccións da cidade, expoñendo estes traballos coa entidade que merecen, como para ofrecerlle ao público diferentes vías de reflexión sobre como se xeran as taxonomías que rexen a percepción da arte segundo a época. Na arte contemporánea o debuxo expándese e ofrece moitas máis posibilidades que o debuxo como bosquexo, como proxecto ou como obra íntima e escondida do autor. E as que noutro tempo foran tareas (á súa expresividade, á súa rapidez de execución, á súa validez como documento dun proceso creativo, á súa capacidade narrativa, ao seu valor como pegada dunha acción humana)... son agora calidades do debuxo contemporáneo.

Artistas: ARTISTAS PARTICIPANTES POR ESPACIOS. CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA (CGAC) Cada vez más .(Intervención específica de Irene Van de Mheen), Antonio Murado, Raimundo Patiño, Rita Sobral Campos, Teresa Moro, Artur Cruzeiro Seixas, Ludwig Zéller/Susana Wald, Enrico Baj, Gabriel Vellelba, Mario Cesariny, Eugenio Granell, Saul Steimberg, Jean Jacques, Jack Dauben, Franklin Rosemont, Marcel Duchamp, Toyen, Sandro Chia, Christo, Francesco Clemente, Cucchi, Walter Dahn, Jiri Georg-Dokoupil, Keith Haring, Jorg Inmendorf, Donald Judd, Sol Lewit, Robert Longo, Nam June Paik, Mimmo Paladino, Arnulf Rainer, Julião Sarmento, Andy Warhol, Marcel Van Eeden, Ignacio Goitia, Ellen Harvey, Sofía Jack, Berta Cáccamo, Quintana Martelo, Manuel Facal, Din Matamoro, Kohell, Oscar Villán, Pinto&Chinto, Isidro Ferrer, Javier Olivares, Albert Monteys, Pablo Auladell, Maikel, Pablo Amargo, Víctor Rivas, JL Martin, Carlös, Miguel Robledo, Xaquín Marín, Miguelanxo Prado, Pep Montserrat, Arnal Ballester, Marc Taeger, Manel Fontdevila, Miguel Calatayud, Vizcarra, Rei Zentolo, Revista El Jueves, IGLESIA DE LA UNIVERSIDAD rara avis (Intervención específica de Mauro Trastoy), Philip West, Maruja Mallo, Martín Souto, Francisco Mantecón, Simon Hantaï, Vicente Blanco, Zilla Leutenegger. FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL The A4-Cycle. (Intervención específica de Ignacio Uriarte), Luz Ángela Lizarazu, Efraín Almeida, Arturo Herrera, Gabriel de la Mora, Sofía Jack, Pamen Pereira, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Colmeiro, Virxilio, Luis Seoane, AUDITORIO DE GALICIA Acta Pública probanti se ipsa. (Intervención específica de Rubén Santiago) , “C” ZONA. CONCELLERÍA DE CULTURA-CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Un Hecho Real . (Intervención específica de Carlos Bracho)