press release only in german

Un piloto especializado na detección e análise de tormentas, furacáns e outros fenómenos meteorolóxicos comentaba nunha entrevista a paradoxal sensación de paz que se pode experimentar dentro da espiral de forza destrutora. Unha vez que o avión atravesaba o limiar de turbulencias, entraba nun campo, nun espazo de absoluta calma, sublime e adictiva. Calma, luxo e voluptuosidade, parafraseando a Matisse, que nos levan á analoxía da experiencia estética e da nosa relación coa arte. O encontro coas obras pode resultar, a primeira vista, sorprendente, estimulante, de rexeitamento, interrogativo, indiferente… Moitas serían as posibles categorías desta reacción inicial. Pero a penetración na súa estrutura e no seu relato ofrécennos as expectativas do positivo, do enriquecedor, do fabuloso incluso. Fabulación e narrativa seguen sendo esas liñas paralelas de lectura e percorrido en todo proxectos expositivos, sexa este unha proposta de tese, ou sexa unha máis discreta presentación de fragmentos, de obras pertencentes a unha colección coma o caso que nos ocupa. Dúas coleccións para ser máis exactos, a do propio CGAC e a de ARCO, cuxas incorporacións máis recentes constitúen o corpo principal da mostra. Obras, que derivan en fichas e rexistros, en métodos e sistemas de arquivo, nunha arqueoloxía do presente que pasa por consignar e a custodiar este patrimonio artístico representativo da nosa época, e que se atopa no museo o espazo da súa conservación e da súa potencial monumentalización. Paradoxos da enerxía en repouso. A forza da tormenta arquivada na gaiola branca; a exuberancia da volvoreta fixada e detida cun alfinete… Algunhas das obras expostas responden directamente a unha noción de arquivo, de rexistro, coma nos casos de Los Carpinteros, Allen Ruppersberg, Bleda y Rosa ou Rita Sobral Campos. Outros avanzan un paso máis alá na evocación da paisaxe e lugares, espazos e arquitecturas miradas patentes nas obras de Pamen Pereira, Sabine Hornig, Pedro Barateiro, Emily Jacir e Mireya Masó,; ou preséntanse como ordenacións insinuantes, xeométricas ou de truculencias visuais e irónicas como reflicen os trabalos de Isaque Pinheiro, Katherina Grosse, Brigitte Kowanz, Carlos Rial, Chema Madoz ou Chelo Matesanz. O relato persoal, de tintes autobiográficos e sentimentais, cobra especial protagonismo nas pezas de Wolfgang Tillmans, Jonathan Monk, Layla Gediz, Anthony Goicolea & Richard Orjis, e Fernando Bryce, volvéndose drama de eterno retorno coa fotografía e o vídeo de Simón Pacheco. A apertura poética que combinan a ironía, a utopía e o impato do humor percorren as fotos do vídeo de João Tabarra, unha intencionalidade que se volve máis social no carrito de fluorescentes de Iván Navarro. Socioloxía, crítica, denuncia, compromiso ético e político e reivindicacións feministas son os piares que sosteñen as obras de Valie Export, The Atlas Group (Walid Raad), Ken Lum, Ambra Polidori e Yolanda Herranz. Por último, as reivindicacións esváense e o intimista e etéreo emerxe de xeito melancólico nos traballos de Mónica Alonso, Sandra Cinto e Bjarne Melgaard ou de xeito máis audiovisual, nas fugas e desaparicións das fotografías e vídeos de João Pombeiro e Nuno Maya. Tres pequenas colaxes de Miguel Rothschild puntúan a exposición como unha especie de presentación, no, desenlace, como un antes, durante e despois da tormenta, sembrándonos aquela sentenza do replicante de Blade Runner: “…no fin, todos estes momentos perderanse no tempo como vagaos entre a chuvia”. Aproveitemos daquela o conxuro e a ausencia da eterna chuvia compostá para asolagarnos destes momentos que nos ofrece a arte para arquivar e coleccionar novas sensacións de futuro.

Artistas: Los Carpinteros, Allen Ruppersberg, Bleda y Rosa, Rita Sobral Campos, Pamen Pereira, Sabine Hornig, Pedro Barreiro, Emily Jacir, Mireya Masó, Isaque Pinheiro, Katherina Grosse, Brigitte Kowanz, Carlos Rial, Chema Madoz, Chelo Matesanz, Wolfgang Tillmans, Jonathan Monk, Layla Gediz, Anhony Goicolea & Richard Orkis, Fernando Bryce, Simón Pacheco, João Tabarra, Iván Navarro, Valie Export, The Atlas Group (Walid Raad), Ken Lum, Ambra Polidori, Yoland Herranz, Mónica Alonso, Sandra Cinto, Bjarne Melgaard, João Pombeiro, Nuno Maya.

only in german

ARQUIVAR TORMENTAS
COLECCION ARCO E CGAC

mit Los Carpinteros, Allen Ruppersberg, Bleda y Rosa, Rita Sobral Campos, Pamen Pereira, Sabine Hornig, Pedro Barateiro, Emily Jacir, Mireya Maso, Isaque Pinheiro, Katharina Grosse, Brigitte Kowanz, Carlos Rial, Chema Madoz, Chelo Matesanz, Wolfgang Tillmans, Jonathan Monk, Layla Gediz, Anthony Goicolea & Richard Orkis, Fernando Bryce, Simon Pacheco, Joao Tabarra, Ivan Navarro, VALIE EXPORT, The Atlas Group (Walid Ra´ad), Ken Lum, Ambra Polidori, Yoland Herranz, Monica Alonso, Sandra Cinto, Bjarne Melgaard, Joao Pombeiro, Nuno Maya